Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 11 de maio de 2014

12.30 h
No pazo de San Lorenzo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, visitan a mostra da nova colección da tempada primavera-verán do comercio compostelán Estrea Estilo!

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

13.00 h
Na Praza do Toural, concerto da Banda, A Orquestra e a Agupación Tradicional da Escola Municipal de Música: Interpretarán diferentes pezas do repertorio máis representativo destas agrupacións. Coincidindo co concerto destas agrupacións da Escola, aproveitaremos a ocasión para difundir entre as familias compostelás as características da Escola, o proceso de preinscrición que comezará o día 2 de maio e atenderemos calquera demanda de información dos interesados.

18.00h
No Salón Teatro, Bandullo Azul presenta 'A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres' dirixida por Evaristo Calvo e enmarcada dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.30h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

20.30h
No Auditorio Novagalicia Banco, 'Mitad y mitad' con Pepón Nieto e Paco Tous, dirixida por Pep Antón Gómez. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Semana de Xapón en Santiago
- 10:00 - 11:30 h. Obradoiro de papiroflexia Origami (nenos a partir de 8 anos e adultos)
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
Pases de 30 minutos. 25 prazas cada pase. Gratuíto con inscrición previa.
- 12:00 - 13:30 h. Cerimonia de té Sadō
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
30 prazas. Gratuíto con inscrición previa.
- 17:30 - 19:00 h. Demostración da arte de vestir kimono ou Kitsuke
Lugar: Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
30 prazas. Gratuíto con inscrición previa.

Compartir: