Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de abril

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, e o decano do Colexio de Procuradores, José Paz. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar "Vive,Vivenzas,Vivamos", un novidoso proxecto dentro da Rede de Centros Socioculturais do Concello para promover o encontro e o intercambio cultural de forma accesible entre os cidadáns de Compostela.

A partir das 17.00 h
Os nenos do IES Saénz de Buruaga (Mérida) visitan o Pazo de Raxoi dentro do programa "Aula de Patrimonio" do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

17.30 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á inauguración da exposición do poeta Manuel Rodríguez.

20.00 h
No Paraninfo da USC, concerto dos Grupos de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais, dentro do ciclo A Escola na Cidade.

20.00 h
Na Casa Museo Rosalía de Castro (Padrón), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao plenario da Fundación Rosalía de Castro.

21.00 h
No Teatro Principal, XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC

Compartir: