Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de abril de 2014

Mércores 30

10.00 e 12.00h
No Auditorio de Galicia, 'A frauta máxica' con Viravolta Títeres e a Banda Municipal de Música dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da Semana da Ópera.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar o programa con motivo do Día das Letras Galegas.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Os instrumentos do Pórtico da Gloria".

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Cédric Tiberghien, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Bart Davenport dentro do ciclo Compostela Rock

Compartir: