Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de abril

Xoves 3

11.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, visitan a praza do Matadoiro para explicar o proxecto de demolición da Casa da Xuventude e a apertura da praza ao parque de Belvís. Visitan tamén a rúa de San Pedro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Christoph König.

20.30 h
Na Zona C, Teatro do Noroeste presenta 'A Mamma' de Lino Braxe. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso está dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König, dentro do programa de abono. .

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, concerto de Los Secretos, grandes éxitos en acústico, dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: