Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de abril

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Designación de membros para as mesas electorais por mor das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo.

11.00 h
O concelleiro Francisco Noya participa no itinerario de visita ao Castelo da Rocha dentro do programa Vive, Vivencias, Vivamos.

12.00 h
No Centro Comercial As Cancelas, a concelleira María Castelao asiste á entrega de premios Coñece o teu Concello e a festa aniversario do Club de Celi.

13.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a Feira do Libro.

14.00 h
No Centro Comercial das Cancelas, a concelleira María Castelao estará na exhibición de breakdance para promocionar a posta en marcha da escola municipal desta especialidade.

18.30 h
No Teatro Principal, trasPediante presenta 'Baleadas' (Galicia, danza contemporánea), dirixida por Begoña Cuquejo e enmarcada no ciclo Infantil&Familiar.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Jardin de la Croix, que presenta o seu novo disco '187 steps to cross the universe', e Uppercut, dentro do Compostela Rock.

Compartir: