Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, para presentar o proxecto de reurbanización da avenida Quiroga Palacios.

12.00 h
No Centro Comercial As Cancelas, a concelleira de Educación, María Castelao, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do programa de actividades do aniversario do Club de Celi, club infantil do CC, que incluirá máis de 30 obradoiros gratuítos.

12.00 h
Día de Santiago en Padrón
12.00 H Saída do autobús con destino a Padrón (Praza do Obradoiro)
12.55 H Chegada a Padrón, Rúa Real fronte do Banco Pastor.
Formación da Corporación
13.00 H Recepción da Excma. Corporación de Santiago. Intercambio de Bastóns
de Mando por parte dos Sres. Alcaldes e intercambio de Pendóns.
Saúdo dos restantes membros das Corporacións e saída cara a casa do
Concello .
13.05 H Acto no Salón de Plenos:
Palabras do Alcalde de Padrón
Palabras do Alcalde de Santiago de Compostela
Sinatura no libro de Ouro do Alcalde de Santiago de Compostela
13.25 H Saída aos balcóns da Casa do Concello. Interpretación do himno de
Galicia.
13.30 H Actuacións das Bandas de Padrón e Santiago na Praza de Macías.

Compartir: