Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 19 de abril

12.00 h
Na oficina de información de Turismo de Santiago, rúa do Vilar, 63, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, acompañada de membros da Xunta Directiva de Hostelería Compostela, asisten ao sorteo dos participantes en Santiago Pasión que poderán vivir as procesións de Semana Santa dende dentro.

20.30 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
Na Igrexa da Orde Terceira, concerto de Khaled Arman & Ensemble Kabul que presentan 'Poesía sagrada na música de Kabul'.

Compartir: