Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese con representanets da Cámara de Comercio para falar sobre o partido xudicial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.30 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
Na Igrexa da Orde Terceira, 'Sonata para clave, modernidade camiño do século XXI', concerto de Lucie Žáková.

21.30 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
En Santa Clara, concerto do Coro de Cámara do Orfeón Terra a Nosa que presenta 'Da Coresma á Paixón: mestres da capela da Catedral de Santiago'

Compartir: