Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 12 de abril

13.00 h
No Campo da Festa de Amio, III Festa da Xuventude organizada pola Comisión de Festas de San Félix de Afora.

18.30 h
Na Zona C, Os sete magníficos máis 1 presentan 'Dous pallasos en máis apuros', dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.30 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
En san Domingos de Bonaval, Tapangroup presenta 'O son de Benarés' dentro do VIII Festival de Músicas Contemplativas. Con Pandit Ronu Majumdar, bansuri; e Tapan Bhattacharya, tabla.

21.00 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
Na Igrexa de San Francisco, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero dentro do VIII Festival de Músicas Contemplativas. Baixo o nome de 'Himnos a San Francisco' e con David A. Maceira, órgano.

22.00 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
No Centro Galego de Arte Contemporánea, 'OperSuite, improvisación libre en 3 actos' con Alejandro Vargas, piano, e L.A.R. Legido, batería/obxectos sonoros, dentro do VIII Festival de Músicas Contemplativas.

Compartir: