Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 9 de marzo

12.30 h
No Teatro Principal, Mamá Cabra presenta 'Cartas que veñen e van' dentro do programa Infantil&Familiar.

18.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Angel Currás, asiste ao Partido Río Natura Monbus - Real Madrid. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

18.30 h
No Teatro Principal, Mamá Cabra presenta 'Bicos de música' dentro do programa Infantil&Familiar.

19.30 h
Na Zona C, Inversa Teatro presenta 'Té con Kant' dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, 'Julio César' de William Shakespeare dentro do ciclo Teatro&Danza. Dirixida por Paco Azorín e con Mario Gas, Sergio Peris-Mencheta, Tristán Ulloa, Agus Ruiz, José Luis Alcobendas, Pau Colera, Carlos Martos e Pedro Chamizo.

Compartir: