Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de marzo

11.00 h
No mosteiro de Santa María de Conxo, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Curras, visita as obras de recuperación da Capela do Cristo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os dous espectáculos teatrais de Redrum Teatro que se poderán ver os días 7 e 8 de marzo no Teatro Principal: 'Amor flexible' e 'Curriculum Vitae'. Na rolda estarán tamén Alex Sampayo, director dos espectáculos, e Guillermo Carbajo, actor nos mesmos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, para informar sobre os preparativos de La Vuelta, que rematará en Santiago na súa edición deste ano.

21.00 h
Na Zona C concerto de No more lies (San Feliu de Guixols, punk rock) e Gram Poder (Santiago de Compostela, pop-rock psicodélico) dentro do ciclo Compostela Rock.

ANTROIDO 2014

20.00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.
(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)

21.00 h. QUEIMA DO MECO e animación
Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

Praza Roxa

Compartir: