Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsión informativas para o martes 4 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, fai entrega do premio á gañadora do concurso de vídeos Urbana Santiago Norte.

12.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á ofrenda floral con motivo do 125 aniversario do pasamento de Francisco Asorey.

12.30 h
Na sala de xuntas da Consellería de Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do padroado da Cidade da Cultura.

ANTROIDO 2014

16.30 h. CONCENTRACIÓN de carrozas, comparsas e charangas

Estación do Ferrocarril

17.30 h. DESFILE DE ANTROIDO encabezado polos Xenerais da Ulla polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra, para rematar na Avda de Xoán Carlos I.

19.30 h. Actuación da orquestra ISMAEL

Paseo Central da Alameda

21.00 h. Decisión do xurado e ENTREGA DE PREMIOS

Ó remate da entrega de premios actuación da orquestra ISMAEL

Paseo central da Alameda

Compartir: