Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de marzo

Venres 28

9.15 h
No salón de actos do edificio CERSIA, a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, asite á xornada "O Traballo Social en situacións de crise, emerxencia ou catástrofe", organizada polo Colexio Oficial de de Traballo Social de Galicia.

10.45 h
Na Casa co Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o programa gastronómico Santiago Pasión 2014. Na rolda tamén estará Jesús Sordo, presidente de Restauración da Asociación de Hostelería; Lázaro Rodríguez, representante dun dos locais de restauración participantes (Cre Cotte); e o presidente da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Santiago, Salvador Forján.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Circuito BTT Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa de excursións para asociacións de veciños do rural "Imos coa asociación 2014".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar ' Avestruz en terra allea', estrea absoluta de Berrobambán que se celebrará o sábado no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro&Danza. Na rolda estarán tamén Paula Carballeira, actriz e autora do texto; Nuria Sanz, actriz; e Chiqui Pereira, director.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de 'A Mamma' de Teatro do Noroeste. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso.

20.30 h
No Salón Teatro, 'Longa viaxe cara á noite' do Centro Dramático Galego, dirixido por Manuel Guede, dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Rulo y La Contrabanda que presentan o seu novo disco '5 Gatos', dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de B-Real, Xzibitt e Demrick dentro do ciclo Compostela Rock. Estarán tamén Comando Katana e Norweside.

Compartir: