Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de marzo

10.00 h
Na cafetería do Centro Comercial Compostela (zona acristalada), ROLDA DE PRENSA de presentación do I Medio Maratón "MediaSan do Camiño"
Asistentes:
• Adrián Varela, concelleiro de Deportes do Concello de Santiago de Compostela
• Manuel Taboada, alcalde de O Pino
• José Manuel Blanco, relacións externas de El Corte Inglés
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo
• Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo

11.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Tres mestres do clasicismo', concerto didáctico coa Real Filharmonía de Galicia.

12.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, asisten á apertura parque da praza de Galicia.

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, mantén unha reunión con comerciantes da cidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de febreiro de 2014 (núm. 3/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 28 de febreiro de 2014 (núm. 4/14).
3. Aprobación inicial da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados (SUND).
4 Aprobación de convenio de colaboración marco para a xestión compartida da promoción turística conxunta dos concellos da área de Santiago.
5. Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao ano 2013.
6. Dar conta de resolucións da alcaldía de datas 5 e 17 de marzo do corrente ano, relativas a delegacións.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
Na Escola de Altos Estudos Musicais, concerto da Orquestra de Cámara CAEO dentro do ciclo A Escola na cidade. Dirixida por Maximino Zumalave e con Coro Concerto Tempo/Hercules Brass.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes no Seminario Xacobeo Laboral.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de 'A Mamma' de Teatro do Noroeste. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Lionel Bringuier e con Dejan Lazic, piano. [Debussy, Beethoven, Stravinski

21.00 h
No Teatro Principal, Manquiña & Tony Lombra presentan 'Música ligera' dentro do ciclo Falabaratos.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Nick Waterhouse que debuta en Galicia coa presentación do seu novos disco 'Holly'. Concerto colaboración dos ciclos Compostela Rock e Galicia Importa.

Compartir: