Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 23 de marzo

Domingo 23

18.00 h
No Salón Teatro, 'Longa viaxe cara á noite' do Centro Dramático Galego, dirixido por Manuel Guede, dentro do ciclo Teatro&Danza.

19.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

20.00 h
No Teatro Principal, Losdedae danza presentan 'Return' dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Chevi Muraday e Marta Etura.

Luns 24

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo Fórum Tribuna Galicia no que participa como ponente a ministra de Fomento, Ana Pastor.

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, 'Strange case of Dr. Jekyll and Mr. Hyde' (teatro en inglés) dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Cultura

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, para presentar o concurso Kid’s Master Chef.

18.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, asisten á apertura do parque infantil da praza de Vigo.

Compartir: