Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de marzo

Sábado 22

10.00 h
En Toledo (Museo do Exército), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea de Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, na que se aprobará o acordo de incorporación de dúas novas cidades ao Grupo, Úbeda e Baeza. Asiste tamén a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Ás 12.00 h, darase conta en rolda de prensa.

17.00 h
No Auditorio de Galicia, Sesión infantil cos narradores participantes no Festival de Narración Atlántica.

19.00 h
Na escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao acto literario conmemorativo do Banquete de Conxo, no que se rememorará a través da poesía e da música o histórico acto celebrado o 2 de marzo de 1856 e ao poeta Aurelio Aguirre. Haberá unha conferencia a cargo de Xurxo Martínez González (autor do estudo histórico do libro Recuerdos de Agosto, editado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago) e un recital poético-musical (Henrique Alvarellos, Celia Parra Díaz, Rosalía Fernández Rial e Pablo Vidal).

20.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), Inversa Teatro presenta 'Fémina Sapiens' dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, 'Victoria Siedlecki presenta 'Relatos Eróticos' dentro do Festival de Narración Atlántica e enmarcado no ciclo Falabaratos.

20.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

Compartir: