Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar os novos concertos dos programas Sons'14 e Compostela Rock. Na rolda estará tamén David Lago, de Sweet Nocturna, organizadora do ciclo Galicia Importa para presentar os concertos que farán en colaboración co Compostela Rock.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e o deputado José Blanco, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao comité organizador do Congreso Internacional da Camelia 2014.

20.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega dos premios Down Compostela.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Víctor e Luis del Valle

20.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Con Víctor e Luis del Valle, piano.

Compartir: