Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de febreiro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate (13.00 horas aprox.).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira delegada de Tráfico e Seguridade Cidadá, Cecilia Sierra, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para presentar a nova páxina web de Urbanismo.

19.00 h
No CSC de Vite, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición Compostela Única, un retrato en imaxes anteriores a 1965, do Ateneo de Santiago, tralo seu paso polo CSC da Rocha.

Compartir: