Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 6 de outubro

9.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao fórum SER Galicia-EL País.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Pazo de Raxoi (Salón Verde), a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asina varios convenios de colaboración con entidades de carácter social. Declaracións ao inicio.

18.30 h
Na Almáciga (anexo Colexio Santiago Apóstolo), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita a Escola Municipal de Música e asiste ao ensaio da Orquestriña (orquestra dos máis pequenos, de 8 a 12 anos, dirixida por Mario Diz).

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
11.00h No Teatro Principal, proxección de 'Criaturas' programa didáctico do festival.
17.30h Na Zona, proxección de 'Camping 1'.
19.15h Na Zona, proxección de 'Penínsulas'.
20.15h No Teatro Principal, proxección de 'Radar 1' 22.00h No Teatro Principal, proxección de 'Carta branca: Cineclube de Compostela'
23.45h No Teatro Principal, proxección de 'Explora 1'.

Compartir: