Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 31 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2014 (núm. 13/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 21 de outubro de 2014 (núm. 14/14).
3. Aprobación provisional do documento reformado da modificación puntual do PXOM. Situacións fóra de ordenación. Modificación dos artigos 109 a 124 e do capítulo IX do PXOM.
4. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM na rúa das Penas número 9C. Aríns.
5. Proposta do concelleiro delegado de facenda de declaración de utilidade municipal das obras de acondicionamento do Pazo de Xelmírez, aos efectos de bonificación no ICIO, solicitada pola Fundación Catedral de Santiago.
6. Proposta do concelleiro delegado de facenda de declaración de utilidade municipal das obras de retirada do revestimento de bóvedas na catedral, aos efectos de bonificación no ICIO, solicitada pola Fundación Catedral de Santiago.
7. Proposta de modificación das bases de execución do orzamento (subvencións nominativas art. 28-1).
8. Dar conta do informe do período medio de pago de setembro 2014.
9. Dar conta da documentación remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas correspondente ao terceiro trimestre do exercicio de 2014, relativa ao seguimento do Plan de Axuste.
10. Dar conta de Resolución da Alcaldía en materia de delegación de asuntos de trámite no director da área técnica de desenvolvemento urbano e sostible.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
12. Rogos e preguntas.
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Na Sala Agustin Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, dentro do programa Compostela Cine Classics 2014, proxección da película dedicada ao xénero fantástico, "A bela e a besta" (1946), 90 minutos, de Jean Cocteau, presentada e comentada polo crítico cinematrográfico daTVG e da Radio Galega, Moncho Lemos.

21.00 h
No Teatro Principal, o Centro Dramático Nacional e Sandra Toral Promociones presenta 'Amantes' de Vicente Aranda. Dirixida por Álvaro del Amo, con Marta Belaustegui, Marc Clotet e Natalia Sánchez no reparto. Enmarcada dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: