Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón; e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a 28ª edición de Cineuropa, que se celebra na cidade do 9 ao 30 de novembro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, para presentar a XV edición do premio Manuel Beiras. Asiste Evaristo Rodríguez Carracedo, vicepresidente da Cámara de Comercio.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Cultura, María Antón, participa na ROLDA DE PRENSA de valoración dos resultados de Womex’14.

13.15 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita a exposición "O Asorey descoñecido", onde presentará diversos materiais didácticos da exposición realizados entre a Fundación Asociación Cultural Francisco Asorey e a Concellería de Educación.

19.15 h
No Palacio de Exposicións e Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura o Congreso de Enfermidades Cardiovasculares.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono e das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixida por Christoph König baixo o nome de 'De Brandemburgo a Viena' ofrecen obras de Bach, Schoenberg, Casablancas e Haydn.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea absoluta de W.C.ircus (desperta!) con Pistacatro Produtora de Soños. Dirixida por Natalia Outeiro "Pajarito", está enmarcada dentro do ciclo de Teatro&Danza.

Compartir: