Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 27 de outubro

11.00 h
Na Aula magna do IES Xelmírez I, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste á master class en fotografía social impartida por Gabriel Tizón. Organizado polo Fondo Galego de Cooperación, do que é socio o Concello de Santiago.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, supervisan os traballos de conservación e mantemento no río Sar que executa Augas de Galicia. Declaracións aos remate do acto. Punto de encontro: Ponte de Sar, ao carón da Colexiata.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada no Congreso, Rosana Pérez, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, para presentar a XXXII edición do Outono Fotográfico. Estará na rolda o organizador do Festival, Xosé Lois Vázquez.

Compartir: