Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 12 de outubro

12.00 h
No Museo das Peregrinacións, obradoiro para nenos de construción de instrumentos musicais.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, concerto de Zoar Ensemble e Nicasio Gradaille que presentan 'Portrait_György Ligeti' dentro do ciclo Infantil&Familiar e as Xornadas de Música Contemporánea.

13.00 h
Na Igrexa de San Francisco, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste aos actos con motivo da Festividade do Pilar, patroa do Corpo da Garda Civil.

18.00 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

20.00 h
No Teatro Principal, 'Kathie y el hipopótamo' de Mario Vargas Llosa, dirixida por Magüi Mira. Protagonizada por Ana Belén, Ginés García Millán, Eva Rufo e Jorge Basante está dentro da programación de Teatro 2014.

20.00 h
No CGAC, concerto de pablo_seoane_trem que presenta 'Festas di erro, visións_improvisacións sobre Francesco d'Asisi. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: