Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de outubro

9.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, intervén no acto inaugural do cuarto encontro EFPA de asesores financeiros.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira Marta González asiste á presentación da campaña "Experience cube", de sensibilización social sobre a esclerose múltiple.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o grupo de asociados do Georgian Group, especialistas en arquitectura histórica, con máis de 35.000 membros en todo o mundo e con base en Londres.

17.00 h
Na Facultade de Dereito (Sala de xuntas do Decanato), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura o curso 2014-2015 do Máster en dereito das administracións e institucións públicas.

18.00 h
Na rúa Campo do forno, nº1, baixo, a concelleira María Jesús Sáinz asiste ao acto con motivo do Día mundial da saúde mental organizado pola Asociación Fonte da Virxe de familiares e amigos de enfermos mentais.

20.30 h
Na sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta), nova proxección con cineforum, dentro do programa Compostela Cine Classics. Película: Hanna e as súas irmás (1986) de Woody Allen, 106 minutos. Cineforum a cargo de Chelo Loureiro (produtora e delegada en Galicia de CIMA, Asociación de mulleres cineastas).

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Cápsula (Buenos Aires, garage/rock de autor) e Pablo Und Destruktion (Asturias, rock de autor) dentro de Curtocircuíto Concerto e Compostela Rock.

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Varias horas. Programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: