Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), ROLDA DE PRENSA de presentación da etapa de finalización en Santiago de La Vuelta ciclista a España. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; e o director de La Vuelta, Javier Guillén.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do Compostela Rock ata o mes de xuño.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o XIII Campionato Galego Grupos Show 2014. Na rolda tamén estará Javier Laíno, presidente do C. D Fontiñas, e Olaia Vieiro Cancelo, monitora e patinadora show do C.D Fontiñas.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2013 (núm. 17/13).
2. Aprobación definitiva, se procede, da ordenanza de axuda no fogar, coa introdución das modificacións recomendadas pola Xunta de Galicia.
3. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao subministro e instalación de equipamento para unha área de xogos infantís na Praza de Galicia.
4. Dar conta de proposta do concelleiro delegado da área de participación cidadá de nomeamento de representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais.
5. Dar conta da aprobación definitiva de ordenanzas fiscais para o ano 2014.
6. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
7. Rogos e preguntas.
8. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro da OSG dirixida por Dima Slobodemiouk e coa soprano Victoria Yastrobova. .

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Depedro (Madrid, pop-rock alternativo) que presenta 'La increíble historia de un hombre bueno' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: