Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de xaneiro

10:00 h.
No Salón Verde do Pazo de Raxoi, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, preside a reunión do xurado do concurso de CARTAS ÓS REIS MAGOS. Declaracións ós medios ás 11.30 para dar a coñecer ós tres gañadores do concurso.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para presentar a páxina web do Castelo da Rocha Forte.

17.00 e 18.30 h
Na Zona C, Caramuxo Teatro representa Ñam!. Teatro para bebés. Recomendado 1-6 anos.

Compartir: