Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de xaneiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, 'The telephone', ópera de Menotti en inglés, coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Diego García Rodríguez. Dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para facer unha valoración da evolución turística en 2013 e perspectivas para 2014.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e da deputada Carmen Acuña.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o programa "Imos á neve".

19.30 h
No Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Maside en Compostela".

Compartir: