Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 27 de xaneiro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2014.

10.30 e 12.00 h
Na Zona C Caramuxo presenta 'Glub glub', teatro para bebés, dentro do Programa Didáctico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para facer balance de Fitur.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos da súa área.

19.00 h
No salón de actos do IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega da XIX edición do premio Arcebispo Juan de San Clemente.

19.30 h
No centro sociocultural e xuvenil Municipal O Ensanche, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á inauguración da exposición "AUSCHWITZ-BIRKENAU, UNHA MIRADA AO PASADO" de Daniel Candal. No acto, que constará ademais dunha charla coloquio, participará o autor das fotografías. www.auschwitzlaexposicion.es. Do 27 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Compartir: