Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de xaneiro

8.30 h a 20.30 h
No pavillón de Pontepedriña, VIII Open Compos de Esgrima.

14.30 h
No Hotel Puerta del Camino, a concelleira Amelia González, asiste á entrega do premio Diego Bernal que organiza a Asociación de Xornalistas de Galicia.

19.00 h
No local da Asociación de Viúvas (rúa Rosa 10, 3ºD), representantes da asociación fan entrega dunha canastiña de roupa feita por elas á concelleira de Benestar Social, María Castelao, que á súa vez lla entregará ás Oblatas a través de Vagalume.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, o mago Martín Varela presenta 'Manifesto' dentro do ciclo Infantil&Familiar.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Sumrrá (Galicia, jazz) dentro do ciclo Sons'14 Jazz.

Compartir: