Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de xaneiro

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Festas, Francisco Noya, asiste ao acto de recoñecemento aos Xenerais da Ulla con motivo da declaración de Festa de Interese Turístico.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, 'Unha viaxe musical' coa Orquestra do Conservatorio Profesional e membros da Real Filharmonía de Galicia dirixidos por Diego García Rodrígez. Dentro do Programa Infantil&Familiar.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega do I Premio internacional Aymerich Picaud de Xornalismo divulgativo do Camiño de Santiago, organizado pola Liga de Asociacións de Xornalistas. Asiste tamén a segunda tenente de alcalde, Amelia González.

21.00 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta 'Da Vinci tiña razón!' de Roland Topor dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: