Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de xaneiro

12.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitan as obras da cafetería acompañados polo arquitecto César Coll, que explicará o proxecto. Posteriormente, trasladaranse á zona de Santa Susana onde se colocaron varias estatuas no lugar no que se reunía o concello na Idade Media.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
No Concello de Ferrol, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao acto de sinatura da addenda ao protocolo de colaboración para o desenvolvemento do Club de Debate, para a inclusión de novos membros.

13.45 h
No CEIP Ramón Cabanillas, a concelleira de Educación, María Castelao, come cos nenos do centro dentro do programa de comedores escolares.

16.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, preside o acto de entrega de diplomas dos programas municipais de Mellora na Calidade da Vivienda, Inclusión Sociolaboral e Intervención Socioeducativa.

21.00 h
No Teatro Principal, ESTREA ABSOLUTA de 'Da Vinci tiña razón!' de Roland Topor dentro do ciclo Teatro&Danza. Espectáculo de Producións Excéntricas dirixido por Quico Cadaval.

Compartir: