Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de setembro

10.30 h
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, recepción aos peregrinos da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con enfermidade Mental de Galicia. (FEAFES GALICIA).

11.00 h
No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación do concurso Santiago(é)Tapas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Infantil&Familiar do último cuadrimestre do ano.

12.30 h
No Restollal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a rúa José Antonio Souto Paz, alcalde da primeira corporación democrática da cidade.

18.00 h
Na sede do Consello da Cultura Galega, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conmemoración do XXX aniversario da creación do Consello da Cultura Galega.

18.30 h
No pavillón Quiroga Palacios, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á actividade "+ que fútbol", organizada pola Concellería de Benestar Social dentro do Plan de Acción Local para a prevención das drogodependencias.

19.00 h
Na Escola Municipal de Música, concerto 'Os nenos e a música moderna: dúos para violín de Bartók e Berio' con Florian e Daniel Vlashi. Enmarcado no Programa Didáctico das Xornadas de Música Contemporánea.

20.00 h
No CSC da Rocha, conferencia do arquitecto Iago Seara sobre o patrimonio cultural da Rocha Vella: "O Camiño portugués a Santiago, o seu paso pola Rocha e o Castelo da Rocha Forte", dentro da IX Semana Cultural da Rocha.

20.15 h
No Conservatorio Profesional de Música, concerto 'Os nenos e a música moderna: dúos para violín de Bartók e Berio' con Florian e Daniel Vlashi. Enmarcado no Programa Didáctico das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Taxi Driver, de Martin Scorsese. A continuación, café con cine co escritor e xornalista Camilo Franco.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto de clausura e entrega dos premios do III Festival Internacional Peregrinos Musicais.

22.00 h
No pub Sonar (rúa Mazarelos, 4), continúan os concertos sen alcol organizados pola Concellería de Benestar Social. Actuarán Agoraphobia e Bakin Blues Band. Entrada de balde. Apertura de portas ás 21.30 h.

Compartir: