Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para informar sobre os datos de ocupación de agosto.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes sindicais no Concello.

12.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo, Reyes Leis, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, asinan un convenio de colaboración para a realización dun programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para informar das obras da ludoteca de Fontiñas.

16.30 h
Na Secretaría xeral de Turismo (Mazarelos, 15), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á consitución da comisión interadministrativa con motivo do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

20.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, Faladoiro Música e Cine: segredos e recantos da composición de bandas sonoras, dentro de Compostela Cine Classics 2013. Relatores: Xavi Font e Nani García (compositores para cine e TV).

Compartir: