Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de setembro

11.00 h
No cruceiro de San Pedro, a concelleira de Emprego, Reyes Leis, visita un dos sete puntos de información do programa de emprego do Urbana Santiago Norte onde se pon en marcha unha campaña intensiva para inscrición en actividades formativas. Estes sete puntos de información estarán en funcionamento os días 20, 21, 23 e 25 de setembro en todo o perímetro de actuación do programa Urbana Santiago Norte.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar as V Xornadas Internacionais de Coaching. Estará acompañada polo organizador do evento, Daniel Álvarez Lamas, e o director de zona de BBVA en Santiago, Luis Miguel Escámez Martínez.

13.00 h
No auditorio do Hotel Los Abetos (San Lázaro), ROLDA DE PRENSA de presentación do torneo benéfico de rugby en homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo. Asistirá o concelleiro de Deportes, Adrián Varela; o vicerreitor da Universidade de Santiago, Francisco Durán; o presidente da Federación Galega de Rugby, Ignacio Cociña; e o presidente do Santiago Rugby Club, Ramón Lamas.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: O apartamento, de Billy Wilder. A continuación, café con cine coa profesora Patricia Fra López.

20.30 h
En O Boneco Bar (avenida de Raxoi, 19, Baixo), a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación da campaña gañadora do I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego. O acto está organizado pola deseñadora e a tenda gañadoras.

20.30 h
Na Zona C, 'Mornings' con Banca Cendán e Suso Alonso dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal concerto de James Gilchrist e Roger Vignoles dentro do XIV Ciclo de Lied.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto da Vargas Blues Band dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: