Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de setembro

10.00 h
En Ávila (Palacio de los Verdugo), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á xuntanza extraordinaria da Asemblea de Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Nesta reunión subscribirase un manifesto oficial das 13 cidades con motivo do aniversario da asociación.
12.00 h
No Palacio de Superunda (Ávila), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración deste novo espazo museístico da cidade. O Palacio de Superunda ou Caprotti é un edificio do século XVI recentemente restaurado polo Concello de Ávila que albergará, entre outras, a colección pictórica do pintor italiano Guido Caprotti (Monza,1887-Ávila,1966), que foi o último morador deste pazo.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa en funcións, Amelia González Brandariz, recibe o profesor Erix A. Cornell, Premio Nobel de Física.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, xunto co director do Centro Xuvenil Don Bosco, Francisco Rodríguez, para presentar o programa AVENTÚRATE ESTA FIN DE SEMANA.

12.30 h
Na sede do Consorcio de Santiago (Pazo de Vaamonde, rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, Amelia González; de María Antón, xerenta do Consorcio; José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, e Oriol Roch, director técnico da RFG, para presentar o concerto inaugural da Temporada de Abono do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia que se celebra este xoves. Estarán tamén na rolda Mariola Cantarero, soprano; Simón Orfila, barítono; e Oliver Díaz, director do concerto.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto inaugural do XIV Ciclo de Lied con Roderick Williams, barítono, e Roger Vignoles, pianista.

Compartir: