Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o I Concurso de Graffitis en entornos socioculturais, coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a XXVIII Semana Cultural de Conxo.

VERÁN NA RÚA
21.00 h
Na praza da Quintana, Rastrexos Project: Paradise ao vivo. Galicia. World music. Todos os públicos.

XXVIII SEMANA CULTURAL DE CONXO
17.30 h
Actividades lúdicas. Espazo de xogo.
18.30 h
Encontro con Kukas. Obradoiro de máscaras. Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
20.00 h
Exposición de pintura: Marcelino de Santiago Viqueira "Kukas".

Compartir: