Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

11.40 h
Chegada da Selección Española de Baloncesto á Praza do Obradoiro onde será recibida polo alcalde compostelán, Ángel Currás (Farase unha foto de familia). A continuación, accederán ao interior da Catedral para facer unha ofrenda en memoria das vítimas do accidente de tren do pasado 24 de xullo.

13.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a Corporación municipal asisten ao adestramento da Selección Española de Baloncesto.

21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido de preparación do Eurobasket entre a Selección Española de Baloncesto e a Selección de Macedonia. Antes do partido gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de tren do pasado 24 de xullo. A Selección xogará con crespón negro.

VERAN NA RÚA
Na Praza da Quintana, Pistacatro presenta 'Impreuna' un espectáculo de circo para nenos a partir de 5 anos, ás 19.30 e 22.00h. En Verán na rúa (cambio de ubicación en caso de mal tempo Teatro Principal).

Compartir: