Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de xullo

11.00 h
No CSC de Santa Marta, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita as actividades de conciliación do programa Vive o Verán. A continuación, visita o CSC de Conxo.

11.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á toma de posesión de Dositeo Rodríguez como vocal do Consello de Contas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, para presentar a valoración do primeiro semestre de Santiago Investors Support.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

19.00 h
No Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á apertura dos Cursos de Verán de Cursos Internacionais.

19.30 h
Na Igrexa das Ánimas, María Cristina Kiehr, soprano e Ariel Abramovich, vihuela de man, ofrecerán dentro do Festival Via Stellae o concerto 'A vihuela antes da cifra', Andade paixóns, andade Poesía en música nos álbores do Renacemento en Castela.

21.30 h
No Teatro Principal a Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, que visita por primeira vez Galicia, presenta 'Vacuo', unha reflexión metafórica sobre o baleiro da existencia, sobre a vida habitada pero non vivida, o espazo acoutado polos límites que cada un nos poñemos, no Via Stellae.

Compartir: