Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de xullo

10.45 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, visita os nenos e nenas que participan no programa de conciliación organizado pola Concellería.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar o curso de verán "Música a Mi-La-Do", xunto con Ilona Timchenko, presidenta da Asociación de Peregrinos Musicais.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo e Obras, María Pardo, visitan a rúa da Virxe Branca. Punto de encontro: igrexa do Castiñeiriño.

13.00 h
Na sede de Benestar, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese co novo coordinador de da Cruz Vermella en Santiago.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción á SD Compostela con motivo do ascenso á segunda división B.

Compartir: