Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de xullo

10.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes no curso de arquitectos estranxeiros.

11.30 h
Na sede da Asociación de Hostelería (Galeras), as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez visitan o campus de Cociña Infantil CompHostelería.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 20 de xuño de 2013.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 27 de xuño de 2013.
3. Aprobación inicial da modificación núm. 1 da ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.
4. Modificación das bases do orzamento do ano 2013.
5. Modificación orzamentaria do orzamento de 2013.
6. Proposición do BNG para a creación de axudas de material escolar destinadas ás familias que máis o precisen.
7. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
8. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, relativas á designación de secretario xeral do Pleno e á delegación de competencias relativas ao exercicio de potestade sancionadora.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do dúo formado por Jorge Renteria, trompa natural, e a arpista Bleuenn Le Friec, formación inusual hoxe en día, escoitábase con relativa frecuencia nas reunións musicais dos salóns da alta sociedade parisiense do s. XIX. 'A trompa romántica... nos salóns parisinos do século XIX' no Via Stellae.

21.30 h
Na Igrexa de Santa María do Camiño, recital de Manuel Vilas, arpa medieval, baseado en pezas de canto gregoriano, un drama litúrxico e un himno de peregrinos procedente da Catedral compostelá, melodías occitanas e francesas e, como curiosidade, unha peza do mítico poeta alemán Tannhauser, no Via Stellae.

Compartir: