Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de xuño

10.00 h
En Córdoba (Alcázar Vello-Salón do Mosaico), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á posta en marcha da Xira Galega Karting.

11.30 h
Na Academia Galega de Seguridade (A Estrada), os concelleiros Luis Bello e Amelia González asisten ao acto de entrega de diplomas e distincións á Policía Local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local. Na rolda tamén estará a deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar "Trócame-Roque", un mercadillo solidario no que participan rapaces do barrio de Fontiñas. Doarase o que se recade a un proxecto solidario.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de presentación do novo disco de Sés, 'Co xenio destrozado' enmarcado dentro da programación de SONS’13, e dentro do Ciclo "Cantigas de Mulleres".

Varias horas
No Teatro Principal, proxeccións do I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago.

Compartir: