Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello (sala anexa á sala de prensa), a concelleira de Turismo e Emprego, Reyes Leis, reúnese con representantes de Cogami. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo director- xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a oitava edición do festival 'Via Stellae'.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar o desfile "Sensación-all Compostela13. O teu comercio está de moda". Asisten a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal; a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e Francisco Pernas Gentil, director do desfile.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel.

17.00 h
Na sede do Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do Padroado da Fundación Antonio Fraguas.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción á Asociación de Amas de Casa Virxe de Bonaval, presidida por Aurora Lamas.

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presentan 'Sempre ao lonxe' ou a decadencia étnica, unha comedia de Producións Teatrais Excéntricas, en Teatro&Danza.

Compartir: