Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de xuño

10.00 h
No Hotel Porta do Camiño, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á inauguración do Encontro Provincial "Espazos para a Reflexión. Mulleres con capacidade", organizado por Acadar.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, reciben un grupo de policías, futuros inspectores, procedentes da Escola Nacional de Policía de Ávila, que están a realizar o Camiño de Santiago xunto con varios profesores. Os policías-peregrinos estarán acompañados no último tramo do Camiño, desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, polo director xeral da Policía, Ignacio Cosidó.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, para dar conta das obras no Ensanche e no Campus.

13.30 h
Os concelleiros Luis Meijide e José María Rosende visitan as parroquias do Eixo, Marrozos, Aríns e Lavacolla.

16.30 h
En Área Central, a concelleira de Educación, María Castelao, inaugura o proxecto "Trócame-Roque", un mercadiño solidario infantil e xuvenil. Programa:
• Actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, dirixido polo profesor D. Carlos Encisa.
• Desenvolvemento de diversos obradoiros:
Cruz Vermella:
_ Xogos de grupo dinamizados por voluntariado.
_ Obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeracional.
Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela:
_ Decoración de bolsas (60 unidades) con temática de "Bolsas polo Troco".
Dentro do Programa de Prevención da UMAD:
_ Obradoiro de Breakdance; preténdese poñer a disposición da xuventude un espazo no que poidan manifestar as súas habilidades e contribuír ao fomento destas actividades.
• Pecharase a xornada, ás 19 horas, cunha exhibición de Breakdance. Será unha mostra de baile por parte dos integrantes da Asociación Vella Escola e os alumnos da Escola Municipal de Breakdance.

19.00 h
Na Sala Brage do Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Santiago, coa posta en escea do musical "Todo Disney". Pezas: "Ai - ho", BSO Brancaneves; "Do, Mi, Sol", BSO Aristogatos; "O Príncipe Azul", BSO A Bela Durminte; "Busca", BSO O Libro da Selva, "O león durme esta noite", BSO O Rei León; "Cores no vento" BSO Pocahontas; "Hai un amigo en min", BSO Toy Story; "Que festín",BSO A Bela e a Besta. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

20.30 h
No Teatro Principal, Artías Teatro presenta 'Dixo pene, nai que os pariu' a beneficio da Asociación de Banco de Tempor, ANACO.

21.30 h
No Pazo de San Lourenzo, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á I Gala Lírica da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago a favor da Fundación Andrea.

Compartir: