Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de xuño

11.00 h
No Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostalería Compostela, presentación, diante dos empresarios, do Vocabulario Galego-Italiano de Gastronomía e Hostalería. No acto van intervir a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a catedrática da USC e autora do traballo, Isabel González; o director de Publicacións da USC, Juan Luis Blanco; Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador, e os presidentes de Restauración e Hospedaxe de Hostalería Compostela, Jesús Sordo e José Manuel Otero.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar 'Dixo Pene, nai que os pariu' a beneficio da Asociación Banco de Tempo, ANACO, fila cero; unha revisión ácida da relación entre as nais e as súas párvulas, mínimas, criaturas, contada con humor, música e tenrura, traducida e adaptada por Artías Teatro. Contará coa presenza do director Daniel Baamonde e de Isabel Méndez Noya como representante de ANACO.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para valorar os resultados de Santiago no estudo Urbantur, elaborado por Exceltur.

12.30 h
Na aula 8 da sede central do Grupo PREMIR (rúa Pintor Juan Luis, nº1, baixo), a concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez Iglesias, participa na presentación do Instituto Superior Universitario, unha nova entidade pertencente ao Grupo PREMIR que ofertará formación universitaria da man da UCAM e da Universidade de Oxford. Na rolda tamén estarán Rosa Álvarez Vázquez, directora do Grupo PREMIR; Miguel A. Martí Escolano, director de Marketing da UCAM; James Orange, promotion manager da Universidade de Oxford; e Antonio R. Sánchez Crespo, director do Instituto Superior Universitario.

18.00 h
Con saída da praza do Toural, "As casas da cidade II", un percorrido polas pegadas únicas que amosa a arquitectura que conservamos dende a Idade Media, dentro do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela", promovido polas concellerías de Centros Socioculturais e Participación Cidadá

20.30 h
No Palacio Real (Madrid), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á recepción ofrecida polos Príncipes de Asturias en homenaxe ao príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de fin de curso do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia. Dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart, no ciclo Novas Orquestras.

Compartir: