Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de xuño

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Situación dos/as afectados/as polas participacións preferentes e obrigas subordinadas.

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibe os participantes no proxecto "Comenius Regio", cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, no que están involucrados administracións, escolas e organizacións de Polonia e España. De Santiago participa a Escola de Tempo Libre Don Bosco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar Vive o Verán 2013.

19.00 h
No CSC de Vite, clausura das actividadades da asociación de veciños A Ponderosa.

20.30 a 22.00 h
No salón de actos do centro Don Bosco, conferencia As posibilidades de uso e o potencial dos locais baleiros, dentro programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar", organizado pola Concellería de Comercio, dentro da iniciativa Santiago Urbana Norte.

Compartir: