Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar o inicio dos concertos sen alcol e o Programa municipal de Apoio Educativo, iniciativas realizadas dende a Umad.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar I Festival de Cine y TV Camino de Santiago. Contará coa presenza dos organizadores do Festival; co representante da Film Comission de Santiago, Dimas González; Luisa Pérez Puga, da Asociación Galega de Reporteiros solidarios (AGARESO) e Carlos Carballo, produtor, periodista e membro do xurado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

16.00 h
No Cersia, a concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo, Reyes Leis, inaugura a xornada técnica "Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa".

18.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste á charla sobre Experiencia Internacional Canadá organizada pola Embaixada de Canadá en España e a Concellería de Xuventude.

19.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa na sesión do Programa Espello Deportivo xunto a Rubén Riós e o deportista paralímpico Sebastián Rodríguez Veloso, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e a Concellería de Normalización. A entrada é de balde e aberta a todas as persoas interesadas ata completar o aforo.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Viaxe a ningunha parte', sobre unha novela de Fernando Fernán Gómez que Sarabela Teatro adapta con auténtica paixón, no ciclo Teatro&Danza.

Compartir: