Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia 'A Historia do Rock– De Elvis a Vetusta Morla' con José María Rey DJ dentro do Programa Didáctico dirixido a centros educativos.

11.00 h
No edificio CERSIA (San Lázaro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do ciclo de conferencias "25 anos de municipalismo: presente, pasado e futuro da administración local".

11.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o segundo partido do play off final da liga galega de waterpolo entre o Club Waterpolo Santiago e o Galaico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, para presentar o programa para a celebración do Día das Letras Galegas "En galego con todas as letras".

13.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á cerimonia de apertura do XXI Curso Panamericano de Oftalmoloxía.

18.30 h a 20.30 h
Na praza de Cervantes, dentro do programa de dinamización comercial Santiago Comercio de Cine colocarase un servizo de flocos de millo para que tódolos composteláns que o desexen se acheguen a degustalos gratuitamente.

19.00 a 21.00 h
Ler, contar e gozar coas letras
No CSC de Conxo, programa "Letras na corda".

19.30 h
No Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao acto que se realizará con motivo do décimo aniversario do centro.

21.00 h
No Teatro Principal, Snakizados, comedia da fin do mundo, interpretación e autoría de Gustavo Pernas Cora (Premio Maruxa Villanueva). Dirección: Anxela G. Abalo. Dentro de Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Los Coronas presentando o seu novo disco 'Adiós Sancho', dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: