Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de abril

Todo o día
En Xerusalén, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa no I Simposium internacional sobre peregrinacións verdes e accesibles.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, no Programa Didáctico, función escolar de 'Frankenstein' de Teatro dos Ghazafelhos. Unha aventura nas entrañas dun castelo.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Rosario Valledor, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a XIII Campaña de Animación á Lectura, xunto coa concelleira de Educación, María Castelao.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, e de membros de Feitoría Verde, sobre o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado en Belvís.

Compartir: