Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de abril

10.15 e 12.15 h
No Auditorio de Galicia, no Programa Didáctico, función escolar ' Tecnoloxía Máxica', sesión de maxia.

11.00 h
Na avenida de Barcelona, 32, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita as casas para familias e nenos con enfermidades de longa duración da Fundación Andrea.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No CEIP Apóstolo Santiago, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao comezo dos obradoiros Creando en Igualdade, que realiza o alumnado de 5º e 6º de primaria. Estas sesións enmárcanse no III Plan de Igualdade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto co xerente de Área Central, Juan Carlos Losada, e a xerente de Aje Santiago, Carmen López, para presentar a terceira edición de Getting Contacts.

19.45 h
No Auditorio de Novagalicia (Preguntoiro, 23), a concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, clausura o encontro "Open your mind", destinado a fomentar a cultura de empresa e o emprendemento.

21.00 h
No Teatro Principal, en Teatro&Danza, 'Usted está aquí' unha proposta de danza da compañía Licenciada Sotelo (25 de abril día Internacional da Danza).

21.30 h
No Auditorio de Galicia, no Compostela Rock, Loquillo y los Trogloditas, presentan o seu novo disco 'La nave de los locos'.

Compartir: