Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de abril

9.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Curras, recibe un grupo de turoperadores xaponeses.

10.00 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste aos XV Encontros para a Normalización Lingüística.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar as novas rutas didácticas do programa Cultura Viva.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista María Gómez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os colaboradores do Proxecto Certo, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.

12.15 h
No Museo das Peregrinacións (terceira planta), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da Asociación Cultural Francisco Asorey, na que se amosará unha peza inédita do autor.

12.45 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, no Programa de Abono, Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía de Galicia co tenor Agustín Prunell-Friend.

21.00 h
No Teatro Principal, no VI ciclo 1906 Jazz, escoitaremos ao pianista Roberto Fonseca.

Compartir: